a casa____________________981 43 38 39 - 981 43 34 66 |
|
|---|---|
![]() golf 18 hoyos |
¿cómo chegar? tarifas e reservas folleto da casa libro de visitas sala de prensa |
![]() Percorrido pola vila... |
A historia de Pontedeume como Vila (declarada MONUMENTO HISTORICO-ARTÍSTICO) comenza no 1270, cando el Alfonso X outorga aos veciños de Pruzos e Bezoucos privilexio para poboar o lugar chamado Ponte do Eume e facer vila nel. Concedíalles ademáis o dereito a celebraren un mercado mensual e o Foro de Benavente para xulgarense. A vila gobernouse sen outro señorío que o do Rei ata que no 1371 Henrique II donouna a Fernán Pérez de Andrade, un dos personaxes máis importantes da historia de Galicia, con quien adquire verdadeira relevancia a Casa de Andrade. A capital de todos os seus estados foi Pontes de Ume, onde construíu unha das pontes más estratéxicas do Reino e un alcázar, hoxe desaparecido do que só queda a Torre da homenaxe. Dous enormes incendios (en1533 e 1607) destruiron a vila casi na súa totalidade. Na década dos 60 do 1800 acométens as máis importantes obras de infraestructura. Inaugúrase a iluminación pública, colócase o baldosado dos soportales da Rúa Real, chega a luz eléctrica á Vila e inaugurase o actual porto. No 1867 finalizaron as obras da ponte que chegou aos nosos días.
|
A historia da Vila está estreitamente ligada á súa Ponte. Daquella antíga pasarela de madeira, atribuída por algúns historiadores aos romanos, que permitía vadear el río cando a marea estaba baixa, recibió este lugar su nombre: Puentes de Ume. Ao pouco de facerse dono e señor destas terras, Fernán Pérez de Andrade cambia a vella pasarela por unha ponte de cantería no último tércio do século XIV. Estaba formada por 78 arcos apuntados, número que se reduciu en reformas posteriores, as súas dimensions eran aproximadamente 850 m. de longo por 3,3 metros de ancho. |
|
![]() |
A Igrexa Parroquial de Santiago é templo con titulo de catedralicio construído en dous tiempos: a capela maior foi levantada en 1538 por Fernando de Andrade, i o resto, financiado polo Arcebispo Raxoy, construíuse na segunda mitade do século 18.
|
![]() |
A Capela Maior da Igrexa Parroquial, é un fermoso exemplar do primeiro Renacemento galego, vencellado aínda a fórmulas goticistas, en especial o impresionante abovedamento de complicada nervadura.
|
![]() |
O desaparecido Pazo-Fortaleza dos Condes de Andrade estaba situado na zona que actualmente ocupan o mercado e a fonte do "Pilón", na Praza do Conde. Iniciada a súa construcción por Fernán Pérez de Andrade entre 1370-1380, tiña unha dobre función residencial e defensiva. Do conxunto, composto polo pazo, a capela de San Miguel e a torre, hoxe só queda este último edificio.
|
![]() |
O Convento de frades da Orde de Santo Agostiño, foi fundado por Fernando de Andrade en 1538. A horta dos frades extendíase polo que hoxe é a Alameda, e ata os seus muros pola cara norte, chegaba daquela o mar.
|
![]() |
As Antigas Lonxas do Porto foron unha obra máis das custeadas polo Arcebispo Raxoy, para mellora e desenvolvemento do seu pobo natal, en 1763.
|
![]() |
Neste edificio existíu antigamente unha Cátedra de Latinidade, da que recibe o seu nome, fundada por disposición testamentaria do rexidor desta vila, D. Juan Beltrán de Anido, en 1580. Foi a primeira das institucións culturais coas que contou Pontedeume ao longo da súa historia. Nela realizou os seus primeiros estudios o que foi Arcebispo de Santiago, D. Bartolomé Raxoy y Losada. Esta antiga institución deixa de existir en 1851. Da arquitectura deste fermoso edificio, que na actualidade é sede da Biblioteca Municipal, hai que destacar os escudos que figuran na súa fachada principal. Os elementos da peza que está situada á dereita da porta coinciden con escudo de armas da vila, que se acha na entrada da Casa do Concello. |
![]() |
Do Pazo construído polo Arcebispo Raxoy na Praza do Pan esquiña Rúa Real, hoxe lamentablemente só se conserva a fachada principal, na que conviven elementos tradicionais típicos da escola compostelá do barroco do século dezaoito, con outros novos, máis clasicistas e de influencia francesa.
|
![]() |
Nunha das paredes exteriores da Igrexa das Virtudes, hai unha pedra de granito e unha inscripción onde se dí que esta capela mandouna facer Nuño Freire de Andrade en 1416. Entón, esta construcción primitiva tamén era coñecida polo nome de Igrexa de Nosa Señora do Souto, mais dela non queda ren.
|
![]() |
Dende que en 1995 inaugurouse o primeiro tramo do Paseo marítimo, abriuse o paso de peatóns e bicicletas a posibilidade de descubrir un dos rincones mais tranquilos e belos da ria, ata enton descoñecidos ata prós propios eumeses.
|
![]() |
A actual configuración da Praza de San Roque data do ano 1840, cando se demolíu a igrexa de San Roque que alí existía. Esta tranquila praza ten un encanto especial polas suas típicas edificacionóns de galería e balcón de madeira.
|
Lugar do Castelo de Andrade, s/n. 15.608-PONTEDEUME-A Coruña. Telf.: 981 43 38 39 - Telf-fax: 981 43 34 66
achégate! | acércate! | viens ici! | come over!
VOLVER A INICIO
casarural@casteloandrade.com