A Ruta dos Mosteiros A edificación que mellor se conserva é o templo, inaugurado en 1655, coa súa orixinal fachada, caso único da arquitectura barroca. No interior áchanse catro sepulcros góticos, doutros tantos señores de Andrade. Dos tres claustros do convento, só o primeiro conten elementos del primitivo cenobio románico. O segundo é o máis interesante xa que comenzou a se construir no século XVI baixo a dirección de Juan de Herrera. O tercero non se puido finalizar por mor da invasión francesa, ocorrida a principios do século XIX. Mosteiro de Monfero ![]() San Xoan de Caaveiro está intimamente ligado á Fraga. O documento máis antigo que fala de súa existencia data do século VIII. Foi un dos primeiros mosteiros de Galicia de canónigos regulares. As súas edificacións adaptabanse ás desigualdades do terreo e á falta de espacio, con dependencias subterráneas e muros de contención. Ó conxunto contaba con dúas porterías, unha casa con forno, seis celas, un cabido e outras dependencias comúns. Dúas igrexas románicas dunha planta e de ábside semicircular. Fora del recinto estaban as casas dos criados, as cabaleirizas e o muíño. Mosteiro de Caaveiro
A Igrexa de San Miguel de Breamo, románica de finais do século XII, é un exemplo único do románico galego, pola súa planta de cruz latina, dunha soa nave e tres absides semicirculares, e por estar totalmente abovedada, cunha senlleira bóveda cuatripartita no cruceiro. Breamo
Lugar do Castelo de Andrade, s/n. 15.608-PONTEDEUME-A Coruña. Telf.: 981 43 38 39 - Telf-fax: 981 43 34 66 | ||||
|---|---|---|---|---|