| ||||
|---|---|---|---|---|
Casa do Castelo de Andrade atópase situada a 7 km da vila medieval
de Pontedeume. Componse de tres edificios rodeados por un terreo coñecido
como Chousa do Conde, de 60.000 metros cadrados de amplos prados e bosque,
e co Castelo de Andrade como veciño máis próximo e único visible dende ela.
Descoñécense con exactitude as orixes da casa
e a súa posible relación co Castelo,
pero calcúlanselle polo menos 300 anos na súa parte máis antígua.
A posta en marcha da Casa do Castelo de Andrade
supuxo máis de ano e medio de respectuosa restauración
dos edificios e de recuperación paisaxística do terreo,
tras 40 anos de absoluto abandono.
Actualmente, a Casa ofrece 10 cuartos dobres con baño e zonas
comúns decoradas con mobles restaurados e outros elementos acordes
coa antigüidade e estilo da casa, pero tamén con detalles de
modernidade destinados ao confort dos hóspedes: un cuarto con
bañeira de hidromasaxe e outras cinco con duchas de
hidromasaxe, camas de 1,50 por 2 metros, con colchóns de latex en todos os cuartos..
Dobre especial VERAN:
Tres orientacións con ventá a cada unha delas
Acceso exclusivo a balcón.
Cama de 1,50 x 2 metros, colchón de latex.
Bañeira de hidromasaxe.
Prezos: 85€/noite (tempada baixa); 105€/noite (tempada alta)Dobre especial INVERNO:
Dúas orientacións con ventá a cada unha delas
Cama de 1,50 x 2 metros, colchón de latex.
Cabina de ducha de hidromasaxje.
Prezos: 80€/noite (tempada baixa); 100€/noite (tempada alta)8 habitacións dobres:
Con camas e colchóns de látex de 150X200 metros
Só unha delas conta con dúas camas xemelgas de 90X200 metros
Todas con baño propio
Decoración diferente en todas elas, pero cun estilo e condicións similares
Prezos: 60€/noite (tempada baixa); 85€/noite (tempada alta)
Lugar do Castelo de Andrade, s/n. 15.608-PONTEDEUME-A Coruña. Telf.: 981 43 38 39 - Telf-fax: 981 43 34 66
achégate! | acércate! | viens ici! | come over!
VOLVER A INICIO
casarural@casteloandrade.com